Asamblea Diocensana

“Discípulos misioneros de Cristo"

Piedras Vivas

Evangelizar a través del arte

viaje a Tierra Santa

siguiendo los pasos de Jesús

Campamentos Diocesanos

Un verano de aventuras

Mostrando entradas con la etiqueta xornadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornadas. Mostrar todas las entradas

15.11.17

XIV XORNADAS DE FE-CULTURA. SEMANA DA PARROQUIA

Os días 22, 23 e 24 de novembro ás 20:30h, no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XIV XORNADAS DE FE-CULTURA, baixo o lema "As formas e o fondo da nosa FE



Os ponentes deste ano son:  
 
Mércores 22:  Creemos comunitariamente. Somos igrexa “en saída” e optamos pola sinodalidade.
                           D. Francisco Buide del Real, sacerdote e Doctor en Historia da Igrexa.

Xoves 23:  O noso Sínodo Diocesano. E agora qué? É a hora dos laicos: anímate.
                            Dª. Fátima Noya Varela, catequista e licenciada en Historia da Arte.

Venres 24:  Coñecendo e decodificando o Deus de Xesús de Nazaret.
                            D. Ricardo Sanjurjo Otero, licenciado en Sagrada Escritura e delegado diocesano de Pastoral Universitaria.

"La acción pastoral debe mostrar mejor todavía que la relación con nuestro Padre exige y alienta una comunión que sane, promueva y afiance los vínculos interpersonales. Mientras en el mundo, especialmente en algunos países, reaparecen diversas formas de guerras y enfrentamientos, los cristianos insistimos en nuestra propuesta de reconocer al otro, de sanar las heridas, de construir puentes, de estrechar lazos y de ayudarnos “mutuamente a llevar las cargas” "  Papa Francisco

 
A semana da parroquia rematará o sábado 25, á mañá haberá reunión do Secretariado da Pascua Xoven Arousa, na que entre outras cuestións darase a coñecer o cartel da XLV edición co slogan "Escoitame!" que versa sobre a música e a fase dual para que os grupos a traballen nas súas parroquias.
E pola noitiña, despois da misa das 19:30h, celebraremos o Magosto Parroquial, coa actuación do noso Grupo Folclórico.

Agardamos a vosa asistencia.

17.11.16

XIII Xornadas de Fe-Cultura. Semana da parroquia

No Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XIII Xornadas de Fe-Cultura os días: mércores 23,  xoves 24 e venres 25 de novembro ás 20:30h.


Os ponentes deste ano son: 

Mércores 23:   
                 Transformando o noso mundo desde abaixo, desde dentro e con misericordia.
                     D. Rubén Iglesias Pazos, Licenciado en Ciencias Políticas e ADE (Cáritas Diocesana)

Xoves 24:
                 Coñecendo o Deus do Antigo Testamento: rachando con prexuízos e “leyendas urbanas.” Xa verás!!
                     D. Ricardo Sanjurjo Otero, Licenciado en Sagrada Escritura e párroco de Campo Lameiro.

Venres 25: 
                Creando un mundo mellor con sabor a fraternidade e paz: A Espiritualidade Franciscana aquí e agora.
                    Dna. Berta Castro Álvarez, relixiosa franciscana e directora xeral do Colexio San Francisco en Vilagarcía.
                       
La FE ofrece grandes motivaciones para el cuidado de la naturaleza y de los hermanos más frágiles.
  Papa Francisco.


A semana da parroquia rematará o sábado 26, á mañá haberá reunión do Secretariado da Pascua Xoven Arousa, na que entre outras cuestións se decidirá o eslogan e o cartel da XLIV edición.
E pola noitiña, despois da misa das 19:30h, celebraremos o Magosto Parroquial, coa actuación do noso Grupo Folclórico. 
 
Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.

18.11.11

Magosto parroquial A Xunqueira de Vilagarcía

Hoxe venres 18, ás 20:30h, clausuramos as VIII Xornadas de Fe-Cultura "Somos o que comunicamos" con Fátima Noya Varela, Lcda. en historia da arte e especialista en técnicas de márketing.

Fátima falará sobre os "Límites e posibiliddes da internet. Estamos na rede pero tamén cos pés na terra."

Podedes ir vendo algunhas imaxes das xornadas na galería da nosa web.

E o sábado día 19 de novembro, despois da misa das 19:30h. celebramos no obradoiro o Magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia.

A música e o baile acompañarán ás ricas castañas.

Estades invitados. Esperámosvos!

+info:www.axunqueira.com

8.11.11

VIII Xornadas de Fe-Cultura "Somos o que comunicamos"

Os días 16, 17 e 18 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as VIII Xornadas de Fe-Cultura co lema "Somos o que comunicamos".
Deixámosvos aquí o programa deste ano:

- Mércores 16 :
A Igrexa e os Mass Media ¿Necesita un gabinete de márketing? Boamensaxe pero ¿boa comunicación?
D. Manuel A. Blanco Vázquez, crego e director de Medios de Comunicación da Diocese de Santiago de Compostela.

- Xoves 17 : ¿Como falar de Deus nas novas tecnoloxías? A Palabra e as nosas palabras. Un e-mail desde o ceo.
Miguel Castaño e Inma Tamayo, deseñadores gráficos.

- Venres 18 : Límites e posibiliddes da internet. Estamos na rede pero tamén cos pés na terra.
Fátima Noya Varela, Lcda. en historia da arte e especialista en técnicas de márketing.

Xa sabes. Esperámoste!

Tradición e novidade, papiros e mails, cartas e sms... Todo cambia e todo permanece.
Se tes algo que comunicar, aquí tes un bo lugar.
Ás veces é bo viaxar e coñecer outras culturas e ritos para saborear mellor o que te acompaña dende a infancia. Hai que saber conectar e transmitir dende abaixo e en horizontal.
E como di San Agustín, “Non vaias mirando fóra de ti, entra en ti mesmo, porque a verdade habita no interior do home

+info: www.axunqueira.com