Asamblea Diocensana

“Discípulos misioneros de Cristo"

Piedras Vivas

Evangelizar a través del arte

viaje a Tierra Santa

siguiendo los pasos de Jesús

Campamentos Diocesanos

Un verano de aventuras

Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas

16.11.14

XI Xornadas de Fe-Cultura. Semana da parroquia.

Estes mércores 19,  xoves 20 e venres 21 de novembro ás 20:30h. No Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XI Xornadas de Fe-Cultura.


Os ponentes deste ano son: 

- Mércores 19:    O Cristianismo ten futuro? Socioloxía da realidade galega.
                                   D. Luis Cuntis Docampo, Licenciado en Historia e Sociólogo.
  - Xoves 20:       Curando feridas e abrindo camiños: Desafíos actuais na parella.
                                 D. Luis Manuel García Bernadal, Doutor en Teoloxía.
- Venres 21:      Estilo e Programa do Papa Francisco á luz de Evangelii Gaudium.
                                 D. Manuel Longa Pérez, Doutor en Filosofía.
                      

A Igrexa «en saída» é unha Igrexa coas portas abertas. Saír cara aos demais para chegar ás periferias humanas non implica correr cara ao mundo sen rumbo e sen sentido. Moitas veces é máis ben deter o paso, deixar de lado a ansiedade para mirar aos ollos e escoitar, ou renunciar ás urxencias para acompañar ao que quedou ao costado do camiño. Ás veces é como o pai do fillo pródigo, que queda coas portas abertas para que, cando regrese, poida entrar sen dificultade.
Evangelii Gaudium
Papa Francisco.



Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.

14.11.13

X Xornadas de Fe-Cultura. Semana da parroquia.

Os días 20, 21 e 22 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as X Xornadas de Fe-Cultura.

Os ponentes deste ano son: 

- Mércores 20:  Crer para vivir. Camiños de ida e volta!
                                  D. Andrós Iglesias Márquez. Diácono e mago.

- Xoves 21:        Crer para amar. En que Deus cremos? Novas linguaxes! Novos retos!
                                 D. Miguel López Varela, Doutor en Teoloxía Catequética e Pastoral.

- Venres 22:      Crer para esperar. Para que serve un Sínodo? Removendo as augas e conectados!
                                 D. Rafael Casás Salgado, Licenciado en filoloxía clásica e diácono permanente.




A pregunta fundamental de cada home é a seguinte: Como se chega a ser home? Como se aprende a arte de vivir? Cal é o camiño da felicidade? Evanxelizar significa amosar este camiño, ensinar a arte de vivir. Xesús di ao comezo da súa vida pública: “Vin para evanxelizar aos pobres” (Lc 4, 18). Isto quere dicir: “Eu teño a resposta á vosa pregunta fundamental; eu amósovos o camiño da vida, o camiño da felicidade. Máis aínda, Eu son ese camiño... (Eu son) o Evanxeo, a boa nova en persoa.
Joseph Ratzinger.
Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.
www.axunqueira.com

8.11.13

Promoción y solidaridad: Gennet Corcuera y Silvia Rumeu en Santiago de Compostela.


“Mientras me dediqué a trabajar para las personas ciegas, la gente me elogiaba de una manera extravagante, llegándome a llamar “la arcipreste de los ciegos” o “el milagro moderno” – le confesaba a su amigo Robert LaFollete, un pacifista que postuló como tercer candidato progresista a la presidencia en 1924. "Pero cuando mi discurso pone en el centro a la pobreza, y mantengo que ésta es resultado de una economía inadecuada, y que el sistema industrial bajo el que vivimos es la causa de la ceguera y sordera en la que vive la mayor parte del mundo, entonces la cosa cambia". Hellen Keller.








CITA:
VIERNES 22 DE NOVIEMBRE A LAS 19:30H.
CASA DE CULTURA Y SOLIDARIDAD.
Rúa do Home Santo 47, bajo.
Santiago de compostela.


Entrada libre hasta completar aforo. Se ruega puntualidad.

26.9.13

XX Aniversario da revista "Autogestión"
















BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL

Venres 4 de outubro XX aniversario da revista  “Autogestión” A revista Autogestión cumpre 20 anos. É unha revista bimestral que quere ser altavoz dos sufrimentos por inxustizas e tamén das loitas solidarias no mundo. A revista distribúese a través de traballo militante na universidade, rúas e prazas de España. Funciona con traballo de balde, sen subvencións nin publicidade para garantir a súa liberdade. Son xa 20 anos de colaborar á corrente solidaria en España. A tertulia-encontro contará coa participación de Antonio Gutiérrez, xornalista, e Cristina Bandín, membro do colectivo Autogestión. Antonio Gutiérrez analizará o papel dos medios de comunicación coas realidades dos empobrecidos: fame, explotación, inmigración forzosa, ... na charla "Medios de comunicación e xustiza social". Lugar: Salón de Actos, ás 19:30 h. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

18.11.11

Magosto parroquial A Xunqueira de Vilagarcía

Hoxe venres 18, ás 20:30h, clausuramos as VIII Xornadas de Fe-Cultura "Somos o que comunicamos" con Fátima Noya Varela, Lcda. en historia da arte e especialista en técnicas de márketing.

Fátima falará sobre os "Límites e posibiliddes da internet. Estamos na rede pero tamén cos pés na terra."

Podedes ir vendo algunhas imaxes das xornadas na galería da nosa web.

E o sábado día 19 de novembro, despois da misa das 19:30h. celebramos no obradoiro o Magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia.

A música e o baile acompañarán ás ricas castañas.

Estades invitados. Esperámosvos!

+info:www.axunqueira.com

8.11.11

VIII Xornadas de Fe-Cultura "Somos o que comunicamos"

Os días 16, 17 e 18 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as VIII Xornadas de Fe-Cultura co lema "Somos o que comunicamos".
Deixámosvos aquí o programa deste ano:

- Mércores 16 :
A Igrexa e os Mass Media ¿Necesita un gabinete de márketing? Boamensaxe pero ¿boa comunicación?
D. Manuel A. Blanco Vázquez, crego e director de Medios de Comunicación da Diocese de Santiago de Compostela.

- Xoves 17 : ¿Como falar de Deus nas novas tecnoloxías? A Palabra e as nosas palabras. Un e-mail desde o ceo.
Miguel Castaño e Inma Tamayo, deseñadores gráficos.

- Venres 18 : Límites e posibiliddes da internet. Estamos na rede pero tamén cos pés na terra.
Fátima Noya Varela, Lcda. en historia da arte e especialista en técnicas de márketing.

Xa sabes. Esperámoste!

Tradición e novidade, papiros e mails, cartas e sms... Todo cambia e todo permanece.
Se tes algo que comunicar, aquí tes un bo lugar.
Ás veces é bo viaxar e coñecer outras culturas e ritos para saborear mellor o que te acompaña dende a infancia. Hai que saber conectar e transmitir dende abaixo e en horizontal.
E como di San Agustín, “Non vaias mirando fóra de ti, entra en ti mesmo, porque a verdade habita no interior do home

+info: www.axunqueira.com