Asamblea Diocensana

“Discípulos misioneros de Cristo"

Piedras Vivas

Evangelizar a través del arte

viaje a Tierra Santa

siguiendo los pasos de Jesús

Campamentos Diocesanos

Un verano de aventuras

Mostrando entradas con la etiqueta MCC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MCC. Mostrar todas las entradas

24.4.17

Este sábado na Casa de Cultura e Solidariedade: a loita contra a trata.

Pilar de Lara Cifuentes, nada en Cartagena en 1971, é unha xuíza española.

Licenciada en Dereito, exerceu como xuíza en Mieres dende 1999 e ascendeu a maxistrada con destino na cidade de Lugo (2007), onde se fixo cargo do Xulgado de Instrución número 1. Como responsable deste xulgado instruíu a Operación Carioca, onde implicou a 80 persoas nunha rede de prostitución, entre elas varios integrantes da Garda Civil e da policía nacional

«Hay pueblos sin escuela y centro médico pero que tienen 4 burdeles»


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/09/19/jueza-lara-reclama-lugo-medios-luchar-contra-trata/0003_2014091411113505399454.htm

15.5.14

Diálogo sobre a Exhortación Apostólica "Evangelii Gaudium" na Casa de Cultura e Solidariedade



O vindeiro luns 19, ás 20h, teremos un diálogo aberto sobre a "Evangelii Gaudium": Exhortación Apostólica sobre o anuncio do Evanxeo no mundo actual, do Papa Francisco. 
Contaremos con Eugenio Rodríguez, sacerdote e máster en Doctrina Social da Igrexa.
Unha boa ocasión para ler, ou reler, esta excelente reflexión que tivo unha enorme acollida en todo o mundo.

Apertas, 
Miguel

4.4.14

Ecos na prensa: El Correo Gallego

Colegios e institutos de Santiago se suman a la iniciativa del Movimiento Cultural Cristiano contra la Esclavitud Infantil

El 16 de abril es la fecha elegida como Día Mundial contra la Esclavitud Infantil, en homenaje al niño paquistaní Iqbal Masih, vendido a la edad de 4 años por su padre para saldar una deuda de 600 rupias y mártir católico en la lucha contra la esclavitud infantil en el mundo, tras ser asesinado en Pakistán en 1995. Con este motivo, el Movimiento Cultural Cristiano (MCC) honrará su memoria en la compostelana plaza que lleva su nombre. El acto tendrá lugar el próximo día 10 de abril, jueves, a las 11:00 horas, y más de 200 niños y jóvenes de distintos colegios e institutos de Santiago están ya trabajando para conmemorar esa fecha. En esta iniciativa del Movimiento Cultural Cristiano colaboran el Colexio Monte dos Postes, el Instituto Xelmírez II, el Colexio Xuventud, el Instituto Antón Fraguas y el Seminario Menor de la Asunción.


17.4.13

16 de Abril "Día internacional contra a escravitude infantil" na Pza Iqbal Masih.


Un cento de escolares denunciaron que hoxe no mundo hai 400 millóns de nenos escravos. A través de performance, estatuas e murais falaron das causas políticas e económicas deste problema e tamén da vida de Iqbal Masih como testemuña de loita solidaria.


No acto estiveron alumnos dos centros: Juventud, Vilas Alborada, Seminario Menor, IES Antón Fraguas e IES Xelmírez II.



Na foto vemos a placa a Iqbal Masih. Esta praza foi inaugurada o 16 de Abril de 2012 e os veciños de Santiago estamos comprometidos en manter o legado de Iqbal Masih e a loita de tantos nenos no mundo.



Día de alegría e esperanza. Día de solidariedade.

Graciñas a todos!



27.11.12

XXII MARCHA CONTRA AS CAUSAS DA FAME



Movemento Cultural Cristián
Casa de Cultura e Solidariedade “Guillermo Rovirosa”
Rúa do Home Santo 47, baixo
15703- Santiago de Compostela
Queridos amigos:
Queremos compartir con vós a ledicia de celebrar a XXII Marcha contra as causas da fame na cidade de Santiago de Compostela e tamén teremos Concentración en A Coruña.
Este ano consideramos que cómpre saír ás rúas e estender o berro solidario porque a situación que vivimos aquí demostra que esta economía canalla que leva moitas décadas xerando fame e explotación nos países empobrecidos, está producindo “axustes estructurais” tamén aquí, na veciñanza, na nosa cidade.
Un dos feitos que demostran que a loita pola xustiza ten que ser internacional é a contraposición entre o despilfarro de alimentos e a fame. Só en España os supermercados botan ao lixo máis de 50.000 toneladas de comida fresca; cantidade que alimentaría anualmente a 43.000 familias. En Santiago de Compostela máis de 100 persoas percorren os comedores sociais cada día.
A loita contra as causas do paro esixe a loita contra as causas da escravitude infantil; porque esta economía canalla xera paro e explotación no Norte e escravitude infantil e fame no Sur.
Por iso vos convidamos a dialogar este tema a través do instrumento que vos poida valer:
-                Un obradoiro de investigación – acción sobre o despilfarro de alimentos.
-                A carpeta da Campaña pola Xustiza nas Relacións Norte – Sur que recollen actividades e materiais para o traballo con grupos. DVD sobre o tema.
E a compartir con nós unha Marcha pola cidade percorrendo institucións cómplices do despilfarro de alimentos. Sairá o sábado 15 de decembro ás 18h da Pza do Toural e ás 19h teremos o acto final na mesma praza.
Hoxe máis ca nunca hai a tentación de dicir “primeiro nós”, pero, ou a loita é solidaria ou non conseguiremos transformar este mundo inxusto nun mundo máis humano e solidario.
Unha aperta,
Amigos da Casa de Cultura e Solidariedade.
As citas son:
SANTIAGO DE COMPOSTELA. SÁBADO 15 DE DECEMBRO DE 2012.
MARCHA. Sairá ás 18h da Pza do Toural. Rematará ás 19h na mesma praza.
A CORUÑA. SÁBADO 22 DE DECEMBRO DE 2012.
CONCENTRACIÓN. 18H en Riego de Agua.

26.9.12

Camino Juvenil Solidario te invita... a la Marcha por la libertad



Marcha por la libertad 2014. 
Contra las causas de la esclavitud infantil, el paro y la explotación laboral

26.7.12

Camino de Santiago... de Camino Juvenil Solidario

Hoy hemos continuado las etapas del Camino de Santiago desde Melide hasta Arzúa. En el camino nos hemos encontrado una iglesia románica y Sor Cristina nos invitó a entrar, ha sido muy chulo!! Seguimos después con esta tercera etapa de unos 14 kilómetros. http://cjs-campamentojuvenil.blogspot.com.es








1.5.12



CALAN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.... FALAN EN HOUSTON!!!!


UN NENO ESCRAVO FOI SILENCIADO en todos os medios de comunicación de Santiago. En Houston falan del. Hoxe, 1º de Maio, é un día en solidariedade cos nenos e adultos escravos e explotados. Graciñas Iqbal!!!!!!!!!!!

17.4.12

INAUGURACIÓN DA PRAZA "IQBAL MASIH"


Hoxe estamos contentos porque en Santiago de Compostela está a memoria e o legado de Iqbal Masih. Así que INAUGURAR ESTA PRAZA é sobre todo unha gran responsabilidade para os que hoxe estamos aquí.

Iqbal Masih é unha testemuña para toda a mocidade do mundo. El entendeu que dende a asociación permanente é posible a loita pola xustiza. Entendeu cousas que nos costan tanto traballo entender na nosa sociedade, como que para erradicar a escravitude infantil HAI QUE FACER TODO O NECESARIO. Hai que liberalos pero sobre todo hai que esixir que politicamente se tome a determinación de erradicar a escravitude infantil. El denunciou a empresas, gobernos, países, ás sociedades que miramos para outro lado... e claro! Iso custoulle a vida. A loita de Iqbal Masih nada ten que ver con tranquilizar as nosas conciencias, nada ten que ver con facer un acto custoso, nada ten que ver con dicir POBRIÑOS!!! Nada ten que ver con paternalismos, con “axudas”... A súa tarefa non tivo salarios e os seus premios dedicounos á loita.

A loita de Iqbal Masih e da súa organización ten que ver coa DIGNIDADE dos nenos. Por iso facían manifestacións, pancartas, daban mítines ante autoridades, empresarios, gobernos... non eran situacións doadas pero ERA NECESARIO. Se imos por aí, se imos por ese camiño... estaremos recollendo o legado de Iqbal.

15.4.12

LUNS 16 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL


ESTE LUNS CONVIDÁMOSTE Á INAUGURACIÓN DA PRAZA "IQBAL MASIH". SERÁ NA RÚA DO HOME SANTO ÁS 18:30H.

IQBAL MASIH FOI UN NENO ESCRAVO E LOITADOR. A SÚA TESTEMUÑA PERCORRE O MUNDO ENTEIRO E HAI CENTOS DE ORGANIZACIÓNS LOITANDO CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL.

FOI ASASINADO O 16 DE ABRIL DE 1995. TIÑA 12 ANOS.




2.4.12

HOMENAXE A IQBAL MASIH EN COMPOSTELA‏



Queridos amigos:


Con motivo do 16 de Abril, Día Internacional contra as causas da escravitude infantil, queremos invitarvos aos seguintes actos:

XOVES 12 DE ABRIL ÁS 20H NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO ENSANCHE: TEATRO SOCIAL "DESENTERRAR EL SOL"
SÁBADO 14 DE ABRIL. XORNADA EN SOLIDARIEDADE COS NENOS ESCRAVOS. POESÍA, CULTURA SOLIDARIA,... NA PZA DO TOURAL.
LUNS 16 DE ABRIL. INAUGURACIÓN DA PZA IQBAL MASIH. 18:30H. RÚA DO HOME SANTO.

Unha aperta e moitas gracias por difundilo!!!


Cristina.

24.2.12

En el Pleno Municipal celebrado ayer, 23 de Febrero, se ha aprobado una Plaza para Iqbal Masih


Comunicado de Prensa

¡POR FIN SE HONRA EN SANTIAGO LA MEMORIA DE UN NIÑO ESCLAVO LUCHADOR POR LA JUSTICIA!

UNA PLAZA PARA IQBAL MASIH.

Tras años de trabajo y peticiones al Ayuntamiento de Santiago, el 23 de febrero de 2012 se concede un espacio público de reconocimiento a Iqbal Masih. El Ayuntamiento firmó una Moción contra la Esclavitud Infantil en el año 2007 y es en el 2012 cuando concede una plaza a Iqbal. Este niño es ya referencia para los jóvenes santiagueses que le han rendido muchos tributos desde su asesinato el 16 de abril de 1995.

El Movimiento Cultural Cristiano y la Casa de Cultura y Solidaridad promueven una campaña internacional por la consideración del 16 DE ABRIL COMO EL DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA ESCLAVITUD INFANTIL. Campaña que, desde el año 2003, el Partido político SAIn (Solidaridad y Autogestión Internacionalista) ha apoyado. Hoy no se puede luchar contra el paro eficazmente sin pasar por erradicar de la faz de la tierra la lacra más vergonzosa de nuestro recién estrenado siglo XXI.

Iqbal Masih mártir de la esclavitud infantil.

El Movimiento Cultural Cristiano, Camino Juvenil Solidario y la Casa de Cultura y Solidaridad, solicitamos el reconocimiento de la figura de Iqbal Masih a través de la concesión de una plaza en nuestra ciudad.

Iqbal Masih es un valioso testimonio para toda la juventud del mundo. Su vida es ejemplo de lucha y entrega por erradicar una lacra que vivió en sus propias carnes, la esclavitud infantil

La ciudad conoce a Iqbal.

Se han realizado muchos y diversos actos reivindicando su figura. Por citar algunos: se ha realizado un campo de trabajo en la Plaza Roja, en el que durante un día diversos jóvenes de los institutos de la ciudad vivieron como esclavos; distintos colegios han realizado actos en las plazas y en sus propias instalaciones (Cluny, La Salle, el instituto de Sar, Eduardo Pondal…); un colectivo de profesores editó una unidad didáctica en torno al niño luchador y contra la esclavitud infantil; se celebraron conciertos (en Don Bosco, en bares de la ciudad…); una “marcha de esclavos” recorrió un año nuestras calles; se representaron distintas obras de teatro: “Somos Camino”, “Casa en venta”, “Mujer luz” en las que compañías de todo el territorio español acudieron a Santiago a actuar en Centros Socio-culturales; se celebraron vigilias por los niños esclavos; se promovió un concurso de relatos, bajo el título: “Una calle para Iqbal”; se tuvieron exposiciones circulantes por diversas asociaciones; se pegaron carteles; se celebraron vídeo-forums; clubs literarios; talleres infantiles de dibujos y chapas; una campaña de recogida de firmas; se tuvo presencia en radios, televisiones y periódicos; se han difundido cientos de libros y cómics de la historia de Iqbal, se trajeron más de una docena de ponentes a la universidad y otros ámbitos formativos de Compostela,… Y más que queda por hacer.

Desde 1996, todos los años, las organizaciones arriba firmantes hemos celebrado una concentración en la ciudad en solidaridad con los niños esclavos y de denuncia de las causas de esta tragedia.

No hemos sido la primera ciudad ni seremos la última. Burgos, Córdoba, Vitoria, Santa Lucía (Canarias) y muchas más han rendido homenaje a este testigo de la esperanza poniendo su nombre a calles, plazas, centros de día, escuelas solidarias…

El próximo 16 de abril, podremos celebrar el día contra la esclavitud infantil en LA PLAZA IQBAL MASIH MARTIR DE LA ESCLAVITUD INFANTIL. Este año Santiago podrá recordar al pequeño paquistaní inaugurando una plaza que lleva su nombre. Una placa nos mantendrá fresca la memoria, y un gran mural hará las veces de narrador ilustrado para poner al día a todo aquel que no se sepa que no hace tanto, un niño, pobre, analfabeto, enfermo, ¡esclavo! Hizo oír su voz más allá de su aldea, de su país, de su continente y convirtió su grito en una esperanzadora denuncia imprescindible para muchos de nosotros.

¿Quién puede hoy seguir diciendo “no se puede hacer nada”? Nadie. Ya todos sabemos que hay mucho por hacer, y se puede, como otros ya habían demostrado antes, sólo con una condición: que queramos. Iqbal Masih quiso, y puso los intereses de los otros niños por encima de los suyos propios.

Nuestras calles también hacen cultura. Colaboremos todos a difundir cultura para la vida, cultura solidaria para volver este mundo de salvaje a humano.

Libros, revistas, charlas, performances,… el Movimiento Cultural Cristiano, Camino Juvenil Solidario y la Casa de Cultura y Solidaridad, están permanentemente ofreciendo este tipo de materiales y actos a los que puede unirse cualquier persona de buena voluntad.


MUCHAS GRACIAS A TODOS LOS QUE HABÉIS COLABORADO DE UNA U OTRA MANERA EN ESTOS AÑOS DE TRABAJO... OS INVITAMOS A SEGUIR TRABAJANDO POR LA JUSTICIA!!!


23.1.12

DIÁLOGO CON EUGENIO RODRÍGUEZ





Escribo estas liñas para invitarvos a un diálogo sobre a situación do traballo hoxe á luz da Doutrina Social da Igrexa, en concreto, da Laborem Exercens. Pensamos que é bo crear foros onde poidamos reflexionar sobre a situación actual e dar unha resposta como cristiáns. Así que por iso facemos a proposta.

Concretamente:
Diálogo con Eugenio Rodríguez. Sacerdote diocesano e militante do Movemento Cultural Cristián. Máster en DSI.(Media hora de exposición e media hora de coloquio)
Datas posibles no mes de febreiro: mércores 15 pola tarde (a partir das 20:30h xa o ten ocupado), xoves 16 (horario dispoñible todo o día), venres 17 pola mañá. Máis adiante haberá outras datas dispoñibles.


O xoves 16 de febreiro ás 18:30h xa hai un grupo na biblioteca da Casa de Cultura e Solidariedade (RÚA DO HOME SANTO 47 BAIXO).


Se vos interesa para algunha reunión ou foro... podedes solicitalo a través do mail da casa de cultura e solidariedade ou no teléfono de Teresa 630 115 130. http://galiciasolidaria.blogspot.com/2012/01/dialogo-con-eugenio-rodriguez.html

Unha aperta e esperamos que sexa do voso interese.

12.12.11

8.12.11

CARTA PARA CONVIDARTE... ESTE SÁBADO E O SEGUINTE

Queridos amigos:

Fai 30 anos, no “Manifesto contra o holocausto da fame” asinado por máis de cen homes e mulleres laureados co premio Nobel, dicíase que rematar coa fame é unha decisión política, pois hai alimentos e posibilidades de desenvolvemento para o dobre da poboación mundial. Hoxe, 30 anos despois, a fame segue a ser o maior problema da humanidade, o maior holocausto da historia.

Actualmente máis do 80% da humanidade pasa fame porque a fame é un negocio, igual que o é a existencia de máis de 400 millóns de nenos escravos e de mási de 1500 millóns de parados.

Nestes intres que o paro é sangrante na nosa sociedade, corremos o perigo de mirar só para o inmediato e perder a perspectiva mundial. A Marcha de Nadal á que vos convocamos é unha ollada a un mundo en guerra que provoca o roubo de inmigrantes dos países empobrecidos e o roubo dos nosos mozos a países onde hai máis emprego. É o mesmo roubo. É a mesma loita. Con máis de 5 millóns de parados en España, non hai liberdade, non hai democracia. Con 400 millóns de nenos escravos sostendo a nosa economía , non hai democracia, non hai liberdade.

Convidamos pois a unir a túa voz á corrente solidaria en marcha na historia:

SÁBADO 10 DE DECEMBRO.

SANTIAGO DE COMPOSTELA. PERCORRIDO POR LUGARES SIGNIFICATIVOS DA NOSA CIDADE EN RELACIÓN COA SITUACIÓN DA FAME NO MUNDO.

ÁS 12:30H A MARCHA SAIRÁ DA PZA DO TOURAL. LOGO DUN PERCORREDIO REMATAREMOS O ACTO NA MESMA PZA. TODO O ACTO DURARÁ 1H APROXIMADAMENTE.


EUCARISTÍAS POLA XUSTIZA. 19H E 20H. PARROQUIA SAN FERNANDO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

SÁBADO 17 DE DECEMBRO.

A CORUÑA. CONCENTRACIÓN CONTRA AS CAUSAS DA FAME, O PARO E A ESCRAVITUDE INFANTIL EN RIEGO DE AGUA. 19H.

Unha aperta,

Yolanda Gómez.

21.11.11

MARCHA CONTRA AS CAUSAS DA FAME


SÁBADO 10 DE DECEMBRO.

SANTIAGO DE COMPOSTELA. PERCORRIDO POR LUGARES SIGNIFICATIVOS DA NOSA CIDADE EN RELACIÓN COA SITUACIÓN DA FAME NO MUNDO.

ÁS 12:30H A MARCHA SAIRÁ DA PZA DO TOURAL. LOGO DUN PERCORREDIO REMATAREMOS O ACTO NA MESMA PZA. TODO O ACTO DURARÁ 1H APROXIMADAMENTE.

SÁBADO 17 DE DECEMBRO.

A CORUÑA. CONCENTRACIÓN CONTRA AS CAUSAS DA FAME, O PARO E A ESCRAVITUDE INFANTIL EN RIEGO DE AGUA. 19H.

23.10.11

Festa de Xoán Paulo II en A Coruña





Este sábado na Parroquia de San Pedro de Mezonzo no marco da Xornada Interdiocesana proxectouse este video para recordar ao Papa obreiro e da solidariedade. Un Papa duro cos fortes da terra e tremendamente delicado cos pequenos.

O video presentouno Jose M do Movemento Cultural Cristián e foi moi comentado entre os asistentes...

16.10.11

ESTE SÁBADO 22... HOMENAXE A XOAN PAULO II

Este sábado 22 de outubro celebramos a homenaxe a Xoán Paulo II... 6 anos despois do seu falecemento e tras ser beatificado o 1º de Maio de 2011. Invitamos a todos a unirvos a esta sinxela homenaxe na Parroquia de San Pedro de Mezonzo no marco da Xornada Interdiocesana.

Proxectaremos imaxes e escoitaremos a voz do querido Papa en encontros dirixidos aos mozos...

Dende este blog queremos manifestar o noso cariño e agradecemento, e invitarte a asistir e colaborar.

15.4.11

16 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL


O 16 de abril de 1995 asasinaron a Iqbal Masih, un neno cristián que loitou asociadamente contra a escravitude infantil.

O 16 de Abril mataron a Iqbal Masih... inmediatamente os seus amigos saíron á rúa a denunciar o asasinato de Iqbal... milleiros de nenos escravos saíron ás rúas... Inmediatamente houbo quen en Canadá coñeceu a súa historia e tivo que viaxar a Pakistán... Inmediatamente houbo un vello militante que vendo unha nova “pequenísima” no xornal... lanzou unha Campaña contra as Causas da Escravitude Infantil en España. Os vasos comunicantes tamén funcionan para a solidariedade.

Quen coñecía a historia de Iqbal e da súa loita asociada xa non podía dicir que non se podía facer nada... Iqbal foi un neno escravo, empobrecido, enfermo, analfabeto, cristián nun país musulmán... e foi tamén un neno que apuntou e denunciou directamente a empresas escravistas, a gobernos cómplices, a organismos internacionais... Case inmediatamente do seu asasinato... centos de asociacións no mundo, libros de texto, estatuas, folletos informativos, cómics, películas... contaron a historia de Iqbal. A CULTURA É IMPORTANTÍSIMA para as pobos, para loita pola xustiza.

Non é igual que Iqbal forme parte da nosa cultura, da cultura de Santiago de Compostela, que que non forme parte dela... que os nosos nenos non coñezan a Iqbal e coñezan a Casillas. Non é igual.

Non é igual que un pobo fora capaz de resistir pacíficamente na Praza de Tahrir en El Cairo... á situación anterior, na que non o fixeran. Non é igual a capacidade de retomar a loita solidaria dese pobo. Iso forma parte da súa historia, da súa cultura.

Hai millóns de nenos como Iqbal Masih, nenos conscientes, nenos asociados, nenos sindicados, nenos loitadores... que non piden esmolas, nin asistencialismo, nin a axuda dos bos e dos listos... que esixen VERDADE e XUSTIZA. Que queren solidariedade.

Omaira Brito é venezolana. Con 6 anos asumiu o coidado dos seus irmáns pequenos porque estaban orfos. Dous nenos guineanos deixáronse a vida por traer unha carta a Europa denunciando a situación da infancia africana. Hai nenos en Brasil e Arxentina que percorreron centos de km para denunciar o crime da fame e a escravitude infantil. Hai nenos en Asia encabezando manifestacións contra a escarvitude. Hai nenos en Norteamérica que coa súa conciencia política sacaron á luz as vengonzas de empresas explotadoras. Hai nenos en España que conseguiron co seu esforzo estatuas e rúas de Iqbal Masih.

Se queres apoiar a loita de Iqbal Masih vente ESTE SÁBADO 16 DE ABRIL ÁS 19H Á PRAZA DO TOURAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. ¡¡¡Agardámoste!!!!!!



22.3.11

ACTOS - HOMENAXE A XOÁN PAULO II


VI ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DE XOÁN PAULO II